A Asociación Cen Follas, fundada en 2017, ten como obxeto social básico o estudo e divulgación da Historia, artes, e creación literaria da vila de Cambados e da súa contorna, así como achegarse á galeguidade e ao universal dende o local. O nome é unha alusión áo poemario de Ramón Cabanillas A rosa de cen follas (1927).
A asociación edita a revista homónima, Revista Cen Follas – De artes e letras, de periodicidade anual e adicada ao obxeto antes mencionado.
En decembro do 2025 comezamos unha nova aventura coa creación da colección de poesía Cen Versos. cinco meses despois contamos con dous poemarios nesta colección: Los cuerpos ya perdidos. Obra poética (1993-2025), de Augusto Chaves Fariña; e Luz de seu, de Xosé Mª Vila Ribadomar, presentado o 30 de abril do 2026.
